Sobre nós
Máis de 30 anos protexendo o que importa na Costa da Morte cun trato humano, honesto e de confianza.
A nosa historia
Unha historia de confianza, do campo á túa protección.
A historia de Grupo Gontad nace a finais dos anos 80 en O Castro de Cores, nun entorno rural onde a palabra dada era o único contrato necesario. Todo arrincou con Alberto Gontad, un agricultor coñecido polo seu trato próximo que comezou a vender seguros porta a porta. Sen formación financeira pero con moita honestidade, Alberto explicaba as cousas con calma e sen présas, poñendo sempre ás persoas por diante dos contratos e construíndo unha reputación baseada no esforzo diario e na confianza veciñal.
Esa maneira de ser sinxela, clara e responsable fixo que cada vez máis familias confiasen nel para protexer o seu fogar e o seu patrimonio.
Co paso dos anos e a incorporación das novas xeracións da familia, a empresa medrou e profesionalizouse sen perder nunca a súa esencia orixinal. Evolucionamos para responder ás esixencias do mercado actual, pero mantendo intacto o noso compromiso coa contorna e ese coñecemento profundo da realidade da Costa da Morte que só se consegue estando ao pé do cañón durante décadas.

O valor de pertencer á nosa terra
Este crecemento estivo e estará sempre ligado á esencia da Costa da Morte, o que nos permitiu consolidar o noso traballo diario cos veciños de Malpica, Ponteceso, Corme, Cabana de Bergantiños e Laxe. Mantivemos un vínculo inquebrantable co mundo rural e coa tradición, conservando esa maneira próxima e humana de entender as relacións persoais que herdamos dos nosos inicios.
Hoxe, Grupo Gontad segue asentado no mesmo territorio e coa mesma filosofía: traballar con persoas, non con números. O que comezou con aquel labor porta a porta converteuse nun proxecto sólido e solvente, construído co paso do tempo e o esforzo de varias xeracións que comparten un obxectivo común: ofrecer solucións reais e acompañar a quen confía en nós en cada decisión importante.
Miramos ao futuro coa ilusión de seguir achegando valor á nosa sociedade e ás familias da comarca. Facémolo coas ganas de seguir medrando, pero sempre mantendo viva a esencia coa que todo comezou: a proximidade, o compromiso e o orgullo de pertencer a esta terra.
Os nosos valores fundamentais
Transparencia e honestidade
Herdamos de Alberto Gontad o valor da palabra dada. Explicamos cada seguro con claridade, sen letra pequena nin sorpresas, para que entendades sempre que estades contratando e por que. Queremos que decidas con total confianza e seguridade.
Compromiso local
Non somos unha oficina allea; somos veciños da Costa da Morte. A nosa traxectoria permítenos ofrecer solucións reais e adaptadas ao día a día das familias e empresas.